Agosto de 2024.

En 2023, iniciamos un proxecto para estudar a necrópole altomedieval de Combarro, situada en San Vicente de Trigás, Mondoñedo. Durante esta intervención, descubrimos un asentamento altomedieval que precede á construción da necrópole, cunha diferenza temporal de aproximadamente dous séculos.
Este ano, continuamos con estes traballos, enfocándonos en novas sondaxes que nos permitiron observar como se expandiu o poboamento altomedieval dentro da aldea de San Vicente de Trigás. As sondaxes e o traballo en campo foi posible grazas ao Proxecto ARPAMED e ECOLOC, da Agencia Estatal do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Nos próximos meses, seguiremos traballando co material e a documentación que recollimos durante estas semanas intensas grazas ás axudas posdoutorais da Xunta de Galicia dentro do Proxecto COIDARQ.
Este proxecto está sendo posible grazas á colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, a empresa Tempos Arqueólogos, e o valioso traballo de Miguel Chao e Magdalena Domenech, veciños da comunidade local.
Aquí compartimos algunhas fotos do incrible equipo que fixo isto posible.










