Arqueopekes é un proxecto de divulgación que se desenvolveu en distintas áreas de Galicia, ofrecendo obradoiros educativos dirixidos a nenos e nenas da comarca de Valdeorras.

O noso obxectivo principal foi promover a Arqueoloxía en Comunidade para nenos e nenas da comarca, unha forma de achegar o coñecemento arqueolóxico á sociedade local e facela partícipe do seu propio legado patrimonial.

Buscamos que as comunidades locais estean conectadas coa súa historia a través da arqueoloxía.

Qué actividades levamos a cabo?
  1. Charla no asentamento de Ou Castelo de Valencia do Sil

A primeira das tarefas fundamentais é contextualizar o xacemento. Para iso levamos a cabo unha charla in situ co obxectivo de comunicar de maneira entretida e accesible a importancia do patrimonio de Valdeorras.

Durante a presentación, destacouse o valor do sitio e explicouse a relevancia doutros xacementos de cronoloxía romana na rexión, proporcionando un contexto máis amplo para entender a súa riqueza patrimonial.

2. Obradoiro de escavación arqueolóxica na provincia de Valdeorras

Este taller está deseñado para introducir aos máis pequenos no mundo da arqueoloxía. Preparáronse varios «areneros» onde os nenos e nenas tiveron a oportunidade de buscar e documentar elementos, que logo serían analizados.

A través desta actividade, os participantes puideron experimentar de primeira man o proceso arqueolóxico, fomentando a súa curiosidade e comprensión do patrimonio cultural.

3. Obradoiro de Creación de Elementos Cerámicos

Neste taller, os nenos e nenas aprenderon sobre a cerámica arqueolóxica e romana. Tiveron a oportunidade de replicar diferentes pezas cerámicas que foron documentadas no asentamento de Valencia do Sil.

A través desta actividade, os participantes non só exploraron técnicas de modelado, senón que tamén comprenderon a importancia da cerámica na historia e cultura da rexión.

Deja un comentario