
PÓNDERA ou PONDUS , tamén coñecidas como pesas de tear, son pezas de cerámica cunha ou varias perforacións que se utilizaban para atar os fíos da urdimbre (os fíos verticais no tecido). A súa función principal era manter estes fíos tensos durante o proceso de tecido.

Estes PONDUS son esenciais para o funcionamento dos teares verticais, xa que manteñen os fíos estirados mentres a persoa tecedora entrelaza os fíos horizontais da trama. Este tipo de tear atópase nunha variedade de contextos e épocas.


En Galicia, utilizáronse tradicionalmente dúas materias primas principais para a fabricación de tecidos: o liño e a la, materiais cunha longa historia na rexión.

No rexistro arqueolóxico, PESAS DE TEAR adoitan acharse en contextos domésticos, o que suxire que a produción téxtil estaba estreitamente vinculada á vida cotiá, permitindo que se combinase con outras tarefas. Este traballo, que requiría certo grao de especialización, e, nas sociedades contemporáneas, foi unha tarefa xeralmente realizada por mulleres.
Ademais de cubrir necesidades básicas como o abrigo e a protección, o traballo téxtil tamén tiña un significado social, xa que reflectía identidades relacionadas co status, o xénero e a idade.
O estudo da producción textil desde unha perspectiva de xénero permítenos reexaminar os roles que tradicionalmente se asignaron ás mulleres en distintas sociedades.
Debido ao enfoque androcentrista, as mulleres adoitaban ser relegadas ao ámbito doméstico, subestimando a súa contribución en actividades económicas. Esta análise mostra que, mesmo desde os espazos domésticos, as mulleres eran participantes activas na economía.
A través do traballo téxtil, as mulleres desempeñaban un papel clave na produción e sostemento das súas comunidades.

Fontes consultadas:
- Costin, C. 1993. “Textiles, Women, and Political Economy in Late Prehispanic Peru.” Research in Economic Anthropology Vol. 14:3–28. https://ehrafarchaeology.yale.edu/document?id=se80-026.
- Morgado-Roncal, L. (2022)“Los estudios de Arqueología Textil en España: Pasado, Presente y Futuro” Arqueología y territorio, 18.
- Moreno Narganes, J. M. (2019). “El Telar Horizontal y La Casa: Entre Al-Andalus (Ss. XII-XIII) y El Presente.” ArkeoGazte: Revista de Arqueología – Arkelogia Aldizkaria 9:101–19.
- Past Women. (s.f.). Espacios de relación y actividad textil: Calcolítico. https://www.pastwomen.net/actividades/espacios-de-vida/calcolitico
- Past Women. (s.f.). La producción textil a escala doméstica: Prácticas y educación femenina. https://www.pastwomen.net/lugares/espacios/la-produccion-textil-a-escala-domestica-practicas-y-educacion-femenina
- Mårtensson, L., Andersson, E., Nosch, M.-L., & Batzer, A. (2007). Loom weights. EnTechnical report: Experimental archaeology (Part 3) (p. 6). Tools and Textiles – Texts and Contexts Research Programme, The Danish National Research Foundation’s Centre for Textile Research, University of Copenhagen.
- Rodríguez González, C (En prensa). “Espacio doméstico y cotidianidad de la Gallaecia de los siglos IV-V en O Castelo de Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras) y el Asentamiento de Santomé (Ourense)”. Lucentum
