A importancia da alimentación
Alimentar é moito máis que satisfacer unha necesidade biolóxica: é unha práctica de coidado profundamente social. Desde a preparación dos alimentos ata o seu consumo, estas accións sosteñen a vida, reforzan os vínculos comunitarios e transmiten coñecementos esenciais para a supervivencia e a cohesión social.
Desde Coidarq estudamos os diferentes tipos de coidados que moderlaron as dinámicas sociais, como a alimentación, revelando o seu impacto nas comunidades pasadas e presentes.

Alimentación como práctica de coidados: é unha das actividades de mantemento fundamentais. Estas actividades, esenciais para a vida cotiá, inclúen a preparación de alimentos, o coidado dos individuos dependentes e a xestión de recursos.

Na arqueoloxía, o seu estudo permite entender como as sociedades organizaron os seus lazos de cooperación e sobrevivencia. Ademais, estas tarefas estiveron condicionadas por contextos sociais, culturais e económicos, sendo moitas veces realizadas por mulleres, cuxos corpos foron explotados historicamente como parte dos sistemas patriarcais.
Imaxe: Pulpeira. Santiago de Compostela 1960 Josip Ciganovic. Ollar Galicia (Facebook)
Os alimentos deixan unha pegada nos nosos corpos, tanto física como culturalmente. Análise de isótopos estables en ósos e dentes permiten coñecer as dietas, os cambios de alimentación e os movementos das persoas en diferentes momentos da súa vida.
A alimentación reflicte status, xénero, relixión e outros aspectos identitarios. Este proceso de «corporización» vincula o biolóxico co social, mostrando como nosas eleccións alimentarias constrúen e negocian as nosas identidades.

Lactación e destete
O coidado dos máis pequenos é crucial para a supervivencia de calquera grupo. Desde a lactación materna ata o uso de artefactos como biberóns de cerámica ou óso, as comunidades desenvolveron estratexias para alimentar aos nenos e as nenas.

Estudio do caso: Alimentación en al-Andalus
A islamización en Al-Andalus (séculos VIII-X) supuxo unha transformación profunda nas prácticas alimentarias, reflectindo as tensións entre continuidade e cambio nunha sociedade en transición. A introdución da normativa dietética islámica prohibiu a cría e o consumo de porco, que era fundamental nas economías domésticas anteriores.
Este cambio non só alterou a dieta, senón que reorganizou a economía e as dinámicas de produción, marcando diferenzas de xénero e status dentro das comunidades. A alimentación na o-Andalus non era só un acto de subsistencia, senón unha ferramenta política e simbólica. (García, 2023)

Fontes consultadas:
- Alarcón García, E. (2007). Las prácticas de cuidados en las sociedades prehistóricas: La cultura argárica. Arqueología y Territorio, 4, 233–249.
- García García, M. (2023). La dimensión alimentaria de la emergencia de al-Andalus (siglos VIII-X): perspectivas históricas y zooarqueológicas sobre el proceso de islamización social. Lucentum, 42, 261–288. https://doi.org/10.14198/LVCENTVM.23015
- Montón Subías, S. (2005). Las prácticas de alimentación, cocina y arqueología. En M. Sánchez Romero (Ed.), Arqueología y género (pp. 159–175). Granada: Universidad de Granada.
- Rodríguez González, C. (2022). Una arqueología de género para el estudio de la sociedad de la Gallaecia de los siglos IV-VI d.C. [Tesis doctoral]
- Sánchez Romero, M. (2008). El consumo de alimento como estrategia social: Recetas para la construcción de la memoria y la creación de identidades. Cuadernos de Prehistoria y Arqueología de la Universidad de Granada, 18, 17–39. https://doi.org/10.30827/cpag.v18i0.738
