A cociña non é só un medio para alimentarse, senón unha práctica central na construción de identidade. É un espazo de creación cultural onde as receitas e utensilios reflicten historias colectivas. Ademais, os obxectos culinarios, como morteiros, vasillas ou fogóns, conéctannos coas tecnoloxías e saberes do pasado.

Cada elección en a cocíña —ingredientes, técnicas e modos de presentación— fálanos das relacións sociais e culturais das comunidades que teñen que ver ca transmisión do coñecemento.

A cociña é un proceso técnico e tecnolóxico que transforma materias primas en alimentos.

A cociña é un espello da sociedade

Aspectos sociais e políticos:

  • Diferenzas nas prácticas alimenticias por xénero, como a participación masculina en banquetes rituais.
  • Acceso desigual a alimentos segundo o status social.

Cerámicas decoradas, ferramentas desgastadas e restos de alimentos cóntannos como se vivía, que se valoraba e como se organizaban as sociedades.

Aprendizaxe e Cociña: Transmisión de Saberes

A aprendizaxe da cociña vai máis aló de técnicas: trátase de redes xeracionais nas que as receitas e os modos de preparar alimentos se transmitían entre mulleres de diferentes xeracións.

Existe unha conexión coa materialidade a través da creación e do uso de utensilios culinarios, como potas ou pedras de moer, que formaban parte esencial das prácticas de ensino.

Estudo de Caso: Etnoarqueología e Cociña (Nunamiut)

O caso dos Nunamiut (Alaska) destaca a cociña como eixo organizador. Nos campamentos, os restos de alimentos, fogóns e ferramentas de cociña mostran a importancia da organización loxística na alimentación (Bonomo et al. 2029).

Estudo de Caso: Cociñas en Valencia do Sil

No sitio arqueolóxico de Valencia do Sil (Galicia), as cociñas destacan como espazos crave, pois os restos de cerámica e estruturas confirman a integración das cociñas nas dinámicas sociais e económicas.

Estes espazos non só eran para cociñar, senón tamén para transmitir saberes culinarios, refuxiarse do frío e fortalecer as redes sociais.

Fontes consultadas:

  • Alarcón García, E. (2019). Las producciones cerámicas argáricas. Entre la vida cotidiana y la muerte anda el juego. Treballs d’Arqueologia, (23), 283-309. https://doi.org/10.5565/rev/tda.102
  • Bonomo, M., Skarbun, F., & Bastourre, L. (2019). Subsistencia y alimentación en arqueología. Una aproximación a las sociedades indígenas de América precolombina. Facultad de Ciencias Naturales y Museo, Editorial de la Universidad de La Plata. https://doi.org/10.35537/10915/80478
  • Montón Subías, S. (2005). Las prácticas de alimentación, cocina y arqueología. En M. Sánchez Romero (Ed.), Arqueología y género (pp. 159–175). Universidad de Granada.
  • Pazzarelli, F. (2008). Notas acerca de una arqueología de la comida. La Zaranda de Ideas. Revista de Jóvenes Investigadores en Arqueología, 4, 157-162. Buenos Aires.
  • Rodríguez González, C. (2022). Una arqueología de género para el estudio de la sociedad de la Gallaecia de los siglos IV-VI d.C. [Tesis doctoral].
  • Rodríguez González, C. (En Prensa, 2025). Espacio doméstico y cotidianidad en la Gallaecia de los siglos IV-V: los asentamientos de o Castelo de Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras) y Santomé (Ourense). Lucentum.

Deja un comentario