As actividades de mantemento son aquelas tarefas que permiten a supervivencia e reprodución das comunidades, asegurando a súa cohesión social e cultural. Inclúen a alimentación, a crianza, o coidado, a organización do espazo e a produción doméstica de bens.
Estas prácticas non só satisfán necesidades básicas, senón que crean e reforzan vínculos, transmiten coñecementos e estruturan a vida cotiá. Son o reflexo material e social das relacións dentro dunha comunidade.

Por qué estas actividades non aparecen na Historia?
A historia tradicional, influída polo patriarcado, deu prioridade aos logros individuais, as actividades produtivas e os eventos públicos. As tarefas cotiás, moitas delas realizadas por mulleres no século XIX, consideráronse carentes de valor histórico e relegadas ao ámbito privado.

Estas actividades realizanse en todos os contextos e nelas reflictense cambios sociais e económicos. Son atemporales porque responden a necesidades humanas básicas: alimentar, coidar e organizar. Con todo, a súa forma e significado varían segundo as estruturas sociais, económicas e culturais de cada contexto.
As actividades de mantemento están asociadas á identidade relacional, que prioriza os lazos sociais fronte á individualidade (Hernando, 2005). Este enfoque permite interpretar os cambios nestas tarefas como respostas a transformacións na organización do poder, a tecnoloxía ou as xerarquías sociais.
Estudo de caso: Santomé (Ourense)
O xacemento de Santomé, con ocupación durante o século IV-V d.C., é un asentamento crave para entender como as comunidades da Alta Idade Media organizaban os seus espazos domésticos e realizaban actividades esenciais para a súa vida cotiá.
- Espazo doméstico: As casas con patios centrais organizaban as actividades cotiás, como cociñar e socializar.
- Produción: A moenda de cereais e os achados téxtiles indican unha economía doméstica activa.

As actividades de mantemento en Santomé mostran como as comunidades adaptaron as súas prácticas a unha contorna cambiante tras a caída do Imperio Romano.

Por que estudar estas actividades?

Fontes consultadas:
- Alarcón García, E., Sánchez Romero, M., Moreno Onorato, M., Contreras Cortés, F. y Arboledas Martínez, L. (2008). Las Actividades de Mantenimiento En Los Contextos Fortificados de Peñalosa. Cuadernos de Prehistoria y Arqueología de La Universidad de Granada 18(0), pp. 265–296. doi: 10.30827/cpag.v18i0.747
- González Marcén, P., Montón Subias, S., y Picazo Gurina, M. (2008). Towards an archaeology of maintenance activities. Archaeopress 3–8.
- González Marcén, P., Montón Subias, S., Picazo Gurina, M., y Sánchez Romero, M. (2008). Engendering Social Dynamics: The Archaeology of Maintenance Activities. doi: 10.30861/9781407303451.
- Hernando Gonzalo, A. (2005). ¿Por Qué La Historia No Ha Valorado Las Actividades de Mantenimiento? Treballs d’Arqueologia (11), pp. 115–33.
- Rodríguez González, C. (2022). Una arqueología de género para el estudio de la sociedad de la Gallaecia de los siglos IV-VI d.C. [Tesis doctoral].
