A vida cotiá tamén se materializa naqueles espazos onde deixamos aos nosos seres queridos. As necrópolis son fundamentais para entender as identidades das persoas e das comunidades rurais.

Mediante a análise arqueolóxica e a interdisciplinariedade podemos analizar esas identidades en conxunto e por individuos, evidenciando aspectos tales como os coidados, as creenzas, os hábitos, pero tamén aspectos como a hixiene e a saúde que se atopa inserta dentro do que coñecemos como a arqueoloxía do corpo.

Os cambios nas identidades tamén se materializan, polo que o ritual funerario e as maneiras de enterrar se modifican. O noso estudo partirá de analizar estes cambios no cotiá, así como nas identidades, os rituales e a forma de vivir na comunidade. 

Deja un comentario