Unha Mirada ao Pasado

A maternidade e a infancia, son construcións sociais que moldearon (e moldean) profundamente as comunidades humanas. Ambas permítenos entender cómo se organizaban as relacións sociais e as estratexias de coidado.

Un enfoque interdisciplinar da arqueoloxía é clave para desentrañar estes procesos e recoñecer a importancia dos individuos infantís na supervivencia e a continuidade das comunidades.

A maternidade non é unha experiencia universal ou estática, senón unha construción cultural que cambia segundo as realidades de cada sociedade. Aínda que o embarazo e o parto son fenómenos biolóxicos, o que sucede despois, desde o coidado ata a socialización, varía enormemente.

A maternidade social, asumida por familiares ou membros do grupo, é garante do benestar e desenvolvemento dos infantes.

Estas prácticas non só respondían a necesidades alimenticias e de coidado, senón tamén a un sistema de valores e crenzas colectivas que aseguraban a continuidade cultural e social da comunidade.

Maternidade e Ritual Funerario na Gran Bretaña Medieval

Na Gran Bretaña medieval, a maternidade transcendía a vida mesma. As nais preparaban coidadosamente os corpos dos seus fillos e fillas falecidos, aniñándoos sobre un costado nas súas tumbas, coma se aínda puidesen protexelos.

Para guialos e protexelos no Purgatorio, deixaban amuletos no sudario ou enterraban aos pequenos preto da pila bautismal, nun intento de mantelos baixo a vixilancia divina. En Upton, unha nai colocou ao seu fillo baixo o chan do seu fogar, acompañándoo cunha buguina (cuncha) especial e un fuso de fiar, símbolos da súa dor e do traballo cotián que compartía coa comunidade. (Gilchrist, 2005)

Estes actos reflicten como o coidado maternal era tamén un símbolo cultural, profundamente entrelazado coas crenzas relixiosas e os lazos familiares.

Infancia e comunidade

A infancia é moito máis que un período entre o nacemento e a madurez; é un concepto social que reflicte as estratexias de aprendizaxe, formación e transformación de identidades dentro dunha comunidade. Estas estratexias varían segundo o contexto cultural e cronolóxico, e determinan como os nenos e as nenas eran percibidos e coidados.

En arqueoloxía, este concepto enfrontou retos debido á fraxilidade do rexistro infantil e prexuízos presentes na análise histórica. Con todo, o desenvolvemento de metodoloxías interdisciplinarias permitiu estudar a infancia a partir de restos óseos, cultura material e contextos funerarios.

A materialidade Arqueolóxica Fala

  1. Miradas etnoarqueológicas á infancia como aprendizaxe: os Nukak

Os menos e nenas do grupo cazador-recolector Nukak (Amazonía) fabricaban ferramentas e xoguetes que tamén funcionaban como prácticas de aprendizaxe para os seus futuros roles na comunidade.

Este exemplo mostra como a maternidade non só implica coidado directo, senón tamén a creación dunha contorna onde os nenos poidan desenvolverse como actores sociais significativos.

2. Transición á adultez: Cerimonias na Antiga Roma

En Roma, as nenas ao alcanzar a idade mínima para o matrimonio realizaban cerimonias onde entregaban os seus xoguetes e roupas infantís á deusa Fortuna Virgo, marcando o paso á vida adulta.

Bonecas articuladas de marfil e pequenos recipientes de cerámica e bronce, que simbolizan tanto a aprendizaxe como a integración en roles domésticos.

3. Do parto e das súas dificultades

A Tumba 30 de a lanzada

A tumba dunha muller nova (25-35 anos) e o seu feto, quen morreu debido a complicacións no parto, ilustra os riscos e sacrificios asociados á maternidade en época tardorromana. Aínda que o enterro é sinxelo, o ajuar composto de cunchas e pedras reflicte o vínculo entre a nai e a súa comunidade.

Cerro de las viñas

Otro exemplo é o parto de risco documentado no Cerro de las Viñas (Lorca), onde se localizou unha muller en xestación de época algárica

Redes de coidado, redes de vida

Maternidade e infancia son conceptos profundamente interrelacionados, ambos están vinculados á construción das redes sociais que sostiveron ás comunidades humanas.

Analizar estas prácticas desde a arqueoloxía permítenos recoñecer aos individuos infantís como produtores e consumidores de cultura material, e o papel das nais como fundamental na creación de novos individuos soportado por unha rede de coidados comunitarios. Estas redes de coidado eran o eixo que conectaba a xeracións, asegurando a supervivencia biolóxica e a reprodución social das comunidades do pasado.

Fontes consultadas:

  • Gilchrist, R. (2005). Cuidando a los muertos: las mujeres medievales en las pompas fúnebres familiares. Treballs d’Arqueologia, 11, p. 51-72.
  • Guillén Díaz, M. (2015). La infancia como público activo de la Arqueología. ArqueoWeb, 16, 239-254. ISSN: 1139-9201.
  • López Hernández, M. (2021). La maternidad entre los nahuas prehispánicos y otros grupos mesoamericanos. Un acercamiento desde las fuentes etnohistóricas y la arqueología. Revista De Estudios De Antropología Sexual, 1(11), 32–53.
  • Politis, G. G. (1998). Arqueología de la infancia: una perspectiva etnoarqueológica. Trabajos de Prehistoria, 55(2), 5-19.
  • Rodríguez González, C. (2015). Arqueología de la infancia: Niños y niñas en la Prehistoria Reciente de la región de Murcia a través de los restos funerarios. Arqueología y Territorio, 12, 49-62.
  • Sánchez Romero, M. (2008). Maternidad y prehistoria: Prácticas de reproducción, relación y socialización. En Las mujeres en la prehistoria (pp. 119-138). Museu de Prehistòria de València.
  • Zanardi Fumadó, A. (2023). Una aproximación arqueológica a la maternidad en la Roma altoimperial (s. I-II d.C.): Concepción, gestación, parto y puerperio en la aristocracia [Trabajo final de grado, Universitat de Barcelona]. Dipòsit Digital de la Universitat de Barcelona.

Deja un comentario