Arqueoloxía do corpo

A arqueoloxía do corpo estuda restos humanos e contextos funerarios para entender como o corpo reflicte identidades e relacións sociais. A través da análise de corpos e ajuares, revélanse dinámicas de xénero e estruturas sociais en comunidades antigas.

Se entende o corpo como un medio de interacción social e cultural, un reflexo das prácticas, normas e valores dunha comunidade.

A arqueoloxía do corpo permite interpretar como se construíron e representaron as identidades de xénero, edade e rol social, visibles no tratamento funerario e nos obxectos asociados.

Necrópole: Reflexos de identidades

As necrópoles son fundamentais para entender a vida cotiá e as identidades das comunidades rurais, reflectindo as súas crenzas e rituais ao redor da morte.

Coidarq aborda as necrópoles como espazos que reflicten identidades e cambios nas prácticas comunitarias. Investiga a evolución dos espazos e o tratamento de corpos, o que axuda a comprender as relacións sociais e as dinámicas identitarias das comunidades a partir da microhistoria e de comparativas.

Este enfoque interdisciplinario proporciona un contexto valioso para interpretar a vida rural na alta Idade Media no noroeste da península ibérica.

Uno dos obxectivos do proxecto Coidarq é investigar contextos funerarios da alta Idade Media (séculos IV-VIII d.C.) para comprender a construción e transmisión de identidades en comunidades rurais.

En colaboración con investigadoras de Bourdeaux, desde estúdanse necrópoles do suoeste de Francia e o noroeste peninsular, buscando establecer comparativas que revelen a vida e organización social nun período de transición tras a caída do Imperio Romano.

  1. Necrópole da Lanzada

A necrópole da Lanzada, situada na costa noroeste da península ibérica, na provincia de Pontevedra, Galicia, é un importante xacemento arqueolóxico que data do final do Imperio Romano ata a Alta Idade Media (séculos IV ao VI d.C.).

Neste lugar, preto da praia que lle dá nome, revela a evolución das prácticas funerarias e as identidades das comunidades que habitaron a rexión. Ofrecen información sobre como estas sociedades percibíanse a si mesmas e aos demais.

Na Lanzada atopamos máis de 100 tumbas. As tipoloxías de enterramento varían, con fosas simples, sepulturas delimitadas por pedras, e algunhas tumbas de tipo “dobre vertente,” propias do período de transición á alta idade media. O estudo antropolóxico da antropóloga Olalla López Costas (2012, 2016) permite entendercómo eran estas persoas a través da análise interdisciplinar.

2. Necrópole A chapelle Saint-Siméon, Jau-Dignac-et-Loirac

A necrópole de Jau-Dignac-et-Loirac, situada na ribeira do estuario do Garona, é un importante sitio que ilustra a transición entre a Antigüedad e o alto Medievo.

Orixinalmente, un templo galorromano do século II transformouse nunha área de inhumación de elite no século VII, onde se atoparon sartegos e ajuares valiosos, reflectindo como as familias aristocráticas construían a memoria do linaxe

Investigadoras como Dominique Castex e Isabelle Cartron lideraron estudos que combinan análises interdisciplinares, revelando aspectos clave para entender as identidades desta comunidade enterrada na alta idade media.

A arqueoloxía do corpo mostra como os lazos familiares e as xerarquías sociais inflúen no recordo e honra dos defuntos, convertendo cada tumba nunha narración da identidade individual e colectiva

Archives Maguy Caporal

Fontes consultadas:

  • Cartron, I., & Castex, D. (2015). Adaptation et transformation d’un cimetière du haut Moyen Âge en milieu estuarien: le site de Jau-Dignac et Loirac en Gironde. In M. Gaultier, A. Dietrich, & A. Corrochano (Eds.), Rencontre autour des paysages du cimetière médiéval et moderne (pp. 81-88). 60e supplément, Revue Archéologique du Centre de la France.
  • Cartron, I., & Castex, D. (2023). La chapelle Saint-Siméon, Jau-Dignac-et-Loirac. Histoire d’un îlot médocain. Ausonius Éditions. https://ausoniuseditions.u-bordeaux-montaigne.fr
  • Joyce, R. (2005). Archaeology of the body. Annu. Rev. Anthropol, 34:139–158.
  • López, O. (2012). Antropología de los restos óseos humanos de Galicia: estudio de la población romana y medieval gallega. Tesis doctoral, Universidad de Granada.
  • Rodríguez, C., (En prensa). La materialidad de las mujeres en A Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra): un análisis a partir de la arqueología del cuerpo, Journal Of Feminist, Gender and Women Studies.
  • Rodríguez, C., Fernández, M. y Torres, D. (2018). “hei, neno, teño xerras.” Enxovais funerarios na lanzada dende unha perspectiva de xénero, ArkeoGazte: Revista de arqueología – Arkelogia aldizkaria, 8: 101-114.
  • Sánchez, M. (2008). Cuerpos de mujeres: la construcción de la identidad y su manifestación durante la Edad del Bronce. Arenal: Revista de Historia de Mujeres, 15(1): 5–29.

Deja un comentario