🔔 A partir do 25 de agosto comezamos a escavación na Aldea de Combarro (San Vicente, Mondoñedo, Lugo)!
📍 De luns a venres, de 10:00 a 15:00h, o xacemento estará aberto ao público. Temos preparada unha batería de visitas guiadas con horarios fixos, acompañadas de charlas divulgativas a cargo do equipo arqueolóxico.
👣 Achégate a coñecer como traballamos, os avances da escavación e os materiais que imos recuperando.
✨ Agardámoste en Combarro (Mondoñedo, Lugo)!
🤝 Actividade financiada grazas ao apoio da Axencia Estatal e a área de Cultura, Vicepresidencia, da Deputación de Lugo.
🔗 Coa colaboración de @lumen_apartamentos @sputniklabrego @arqueotempos
📝Proxectos asociados: @coidarq (Coidados, materialidades e espazos) da Xunta de Galicia e ESNECOM (Escenarios de negociación y conflicto en espacios de gestión comunal) da Agencia Estatal de Investigación

