
A arqueloxia medieval que levamos a cabo
A investigación arqueolóxica sobre o mundo medieval en Galicia e no noroeste da Península Ibérica é relativamente escasa comparada con outras épocas históricas. Un factor que interveu no desenvolvemento da arqueoloxía medieval en Galicia foi a creación de proxectos de investigación enfocados neste período no que destacaron importantes análises cerámicos ca creación de tipoloxías, estudos vinculados ao mundo funerario, as análises das fortificacións, a articulación do poboamento altomedieval e os estudos das igrexas altomedievais.


Un dos aspectos que xeralmente non son abordados nos textos desa época, é que todas as comunidades dependían dun conxunto de elementos esenciais para o desenvolvemento da vida como son os coidados. Estas tarefas constitúen actividades sociais que cambian e se transforman dependendo dos contextos culturais nos que se insiren. Forman parte dun coñecemento que se transmite de xeración en xeración, evolucionando e adaptándose ás novas características sociais do momento. Estas actividades traspasan os limiares das portas das casas, vinculándose tamén á contorna e os espazos funerarios.
