Arqueoloxía de Xénero en Galicia. O espazo cotián das sociedades rurais na transición á Alta Idade Media (ss. IV–VI) desde a perspectiva feminista de Celtia Rodríguez González constitúe unha das primeiras aproximacións integradas á arqueoloxía de xénero aplicada ao período tardoantigo na Península Ibérica. O monográfico, publicado na colección BAR International Series, enmárcase na liña … Sigue leyendo 📢 Nova publicación do monográfico Arqueoloxía de Xénero en Galicia de Celtia Rodríguez González
As actividades de mantemento
As actividades de mantemento son aquelas tarefas que permiten a supervivencia e reprodución das comunidades, asegurando a súa cohesión social e cultural. Inclúen a alimentación, a crianza, o coidado, a organización do espazo e a produción doméstica de bens. Estas prácticas non só satisfán necesidades básicas, senón que crean e reforzan vínculos, transmiten coñecementos e … Sigue leyendo As actividades de mantemento
A alimentación como coidado
A importancia da alimentación Alimentar é moito máis que satisfacer unha necesidade biolóxica: é unha práctica de coidado profundamente social. Desde a preparación dos alimentos ata o seu consumo, estas accións sosteñen a vida, reforzan os vínculos comunitarios e transmiten coñecementos esenciais para a supervivencia e a cohesión social. Desde Coidarq estudamos os diferentes tipos … Sigue leyendo A alimentación como coidado
Maternidade e infancia no pasado
Unha Mirada ao Pasado A maternidade e a infancia, son construcións sociais que moldearon (e moldean) profundamente as comunidades humanas. Ambas permítenos entender cómo se organizaban as relacións sociais e as estratexias de coidado. Un enfoque interdisciplinar da arqueoloxía é clave para desentrañar estes procesos e recoñecer a importancia dos individuos infantís na supervivencia e … Sigue leyendo Maternidade e infancia no pasado
