📢 Nova publicación do monográfico Arqueoloxía de Xénero en Galicia de Celtia Rodríguez González

Arqueoloxía de Xénero en Galicia. O espazo cotián das sociedades rurais na transición á Alta Idade Media (ss. IV–VI) desde a perspectiva feminista de Celtia Rodríguez González constitúe unha das primeiras aproximacións integradas á arqueoloxía de xénero aplicada ao período tardoantigo na Península Ibérica. O monográfico, publicado na colección BAR International Series, enmárcase na liña … Sigue leyendo 📢 Nova publicación do monográfico Arqueoloxía de Xénero en Galicia de Celtia Rodríguez González

Nova estadía de investigación na Universidade do Minho

Despois dun intenso ano de traballo en Francia, o proxecto COIDARQ inicia unha nova etapa co comezo dunha estadía de investigación na Unidade de Arqueoloxía da Universidade do Minho (UAUM), en Braga. Esta unidade, creada en 1977 e dependente da Reitoría, forma parte do Conselho Cultural da Universidade e está especializada na investigación arqueolóxica, na … Sigue leyendo Nova estadía de investigación na Universidade do Minho

A aldea altomedieval de Combarro (San Vicente de Trigás, Mondoñedo): O xacemento, a súa investigación e resultados preliminares

Historia do xacemento Na parroquia de San Vicente de Trigás, no concello de Mondoñedo, localízase a chamada aldea de Combarro, un conxunto arqueolóxico que está a abrir novas vías de coñecemento sobre as comunidades rurais dos primeiros séculos da Alta Idade Media. Trátase dun período, entre os séculos V e VII d.C., escasamente coñecido a … Sigue leyendo A aldea altomedieval de Combarro (San Vicente de Trigás, Mondoñedo): O xacemento, a súa investigación e resultados preliminares

📢 Novas publicacións en Coidarq!

Desde Coidarq, empezamos o ano con dúas novas publicacións de Celtia Rodríguez González, nas que se abordan cuestións fundamentais sobre a materialidade, o espazo doméstico e a vida cotiá en distintos contextos históricos. Estes traballos contribúen a ampliar o coñecemento sobre o papel das mulleres na antigüidade e sobre a organización dos espazos nos que … Sigue leyendo 📢 Novas publicacións en Coidarq!

A Cociña como Reflexo da Sociedade

A cociña non é só un medio para alimentarse, senón unha práctica central na construción de identidade. É un espazo de creación cultural onde as receitas e utensilios reflicten historias colectivas. Ademais, os obxectos culinarios, como morteiros, vasillas ou fogóns, conéctannos coas tecnoloxías e saberes do pasado. Cada elección en a cocíña —ingredientes, técnicas e … Sigue leyendo A Cociña como Reflexo da Sociedade

A alimentación como coidado

A importancia da alimentación Alimentar é moito máis que satisfacer unha necesidade biolóxica: é unha práctica de coidado profundamente social. Desde a preparación dos alimentos ata o seu consumo, estas accións sosteñen a vida, reforzan os vínculos comunitarios e transmiten coñecementos esenciais para a supervivencia e a cohesión social. Desde Coidarq estudamos os diferentes tipos … Sigue leyendo A alimentación como coidado

Maternidade e infancia no pasado

Unha Mirada ao Pasado A maternidade e a infancia, son construcións sociais que moldearon (e moldean) profundamente as comunidades humanas. Ambas permítenos entender cómo se organizaban as relacións sociais e as estratexias de coidado. Un enfoque interdisciplinar da arqueoloxía é clave para desentrañar estes procesos e recoñecer a importancia dos individuos infantís na supervivencia e … Sigue leyendo Maternidade e infancia no pasado

Arqueopekes: Unha Arqueoloxía en miniatura

Arqueopekes é un proxecto de divulgación que se desenvolveu en distintas áreas de Galicia, ofrecendo obradoiros educativos dirixidos a nenos e nenas da comarca de Valdeorras. O noso obxectivo principal foi promover a Arqueoloxía en Comunidade para nenos e nenas da comarca, unha forma de achegar o coñecemento arqueolóxico á sociedade local e facela partícipe … Sigue leyendo Arqueopekes: Unha Arqueoloxía en miniatura

Comezamos!

Agosto de 2024. En 2023, iniciamos un proxecto para estudar a necrópole altomedieval de Combarro, situada en San Vicente de Trigás, Mondoñedo. Durante esta intervención, descubrimos un asentamento altomedieval que precede á construción da necrópole, cunha diferenza temporal de aproximadamente dous séculos. Este ano, continuamos con estes traballos, enfocándonos en novas sondaxes que nos permitiron … Sigue leyendo Comezamos!