DIRECCIÓN DO PROXECTO

Celtia Rodríguez González, Investigadora Posdoutoral Xunta de Galicia – Doutora en Historia, Universidade de Santiago de Compostela.

Graduada en Historia e arqueóloga de especialización, na actualidade é investigadora posdoutoral da Xunta de Galicia dentro do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais) da Universidade de Santiago de Compostela. A súa liña de investigación céntranse no estudo das sociedades rurais na transición á Alta Idade Media dende unha perspectiva de xénero, unha aproximación que desenvolve como investigadora principal do proxecto COIDARQ: Coidados, materialidades e espazos, financiado polas axudas posdoutorais da Xunta de Galicia. Conta cunha ampla experiencia en traballo de campo, organización de congresos con perspectiva de xénero, seminarios, publicacións en revistas de impacto e capítulos de libro tanto a nivel nacional como internacional. Ademais, destaca polo seu compromiso coa divulgación científica, promovendo a arqueoloxía en comunidade e social, así como a incorporación do enfoque feminista e de xénero dentro do grupo Sputnik Labrego.

EQUIPO COLABORADOR

Ana Delia González Jiménez, Arqueóloga, Universidade Nacional de Educación a Distancia

Graduada en Arqueoloxía pola Universidade de Granada (2024), cursa actualmente o Máster en «Investigación Antropolóxica e as súas Aplicacións» na UNED. Especializada no estudo do Exipto antigo e contemporáneo desde unha perspectiva de xénero, participou en diversos proxectos arqueolóxicos, tanto en España como en campañas internacionais en Luxor. O seu Traballo de Fin de Grao, titulado «A Construción da Paisaxe Sacra en Luxor», reflicte o seu interese na etnoarqueología e a antropoloxía cultural. Actualmente desenvolve unha investigación, no seu traballo final de máster, con comunidades rurais na beira occidental de Luxor, integrando métodos arqueolóxicos e antropolóxicos para estudar sociedades pasadas e presentes no marco da Arqueoloxía en comunidade. Colabora con Coidarq a través da transferencia científica creando e xestionando o contido para as redes sociais, a elaboración de artigos científicos e presentacións en congresos, así como na parte antropolóxica a través da elaboración e deseño de entrevistas para o proxecto.

María Gómez Faro, Investigadora predoutoral e arqueóloga no INCIPIT-CSIC

Graduada en Historia e máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). A súa investigación céntrase no estudo dos metais da Prehistoria, dende a perspectiva da arqueoloxía da paisaxe e a arqueometalurxia. Desde 2019, traballa como técnica de investigación no Incipit-CSIC, participando en proxectos como AtlantAxes e MedAtMetals, centrados na metalurxia atlántica da Idade do Bronce. Actualmente, forma parte de ArqDepo2, enfocándose no estudo arqueométrico de metais en Pontevedra e na análise de xacementos mediante prospección xeofísica. Tamén colaborou en proxectos como Sputnik Labrego e ComplexEquals, desenvolvendo experiencia en arqueoloxía da paisaxe. No proxecto Coidarq, María colabora brindando soporte no uso de tecnoloxías aplicadas ao estudo do patrimonio cultural, como os Sistemas de Información Xeográfica (SIX) e a fotogrametría  

Irene Salinero Sánchez, Profesora de arqueoloxía na Universidad Rey Juan Carlos, Doutora en arqueoloxía funeraria.

Doutora en Arqueoloxía con Mención Internacional (2019) pola Universidade de Alcalá. Irene é Arqueóloga de xestión e Profesora Asociada na Área de Arqueoloxía da Universidade Rey Juan Carlos. Está especializada en arqueoloxía funeraria no tránsito do mundo clásico ao medieval. Desenvolveu diversos traballos de campo en diferentes escavacións arqueolóxicas, promovendo enfoques de arqueoloxía comunitaria. Ademais, forma parte do colectivo arqueoURJC, dende onde impulsa iniciativas de investigación e divulgación arqueolóxica. Colabora no proxecto Coidarq, contribuíndo a publicacións científicas e organizacións de sesiones en congresos internacionais centrados na análise das sociedades rurais da Alta Idade Media.

Andrea Mouriño Schick, Investigadora posdoutoral – Doutora en Protección del Patrimonio Cultural, Universidad de Vigo

Graduada en historia pola Universidade de Santiago de Compostela e especializada en arqueoloxía a través do Máster Interuniversitario en Arqueoloxía e Territorio en Granada. En 2024 ​​obtivo o doutoramento en protección del Patrimonio Cultural por a Universidade de Vigo que foi Premio EGERIA e actualmente é bolseira de museos na especialidade de arqueoloxía da Xunta de Galicia. A súa investigación aborda as narrativas patrimoniais con perspectiva de xénero, así como o desenvolvemento de ferramentas para unha difusión e educación patrimonial máis inclusiva. Participou en proxectos de investigación e divulgación científica e participou en diferentes congresos nacionais e internacionais. É membro do Grupo de Innovación Docente en EduAcción Patrimonial da Universidade de Vigo e da Rede PastWomen. Colabora no proxecto Coidarq a través da realización de traballos de divulgación científica, organizacións de congresos e coordina o subproyecto MappingCares.

Carla Aboal Barreiro, Investigadora predoutoral Universidade de Santiago de Compostela

Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e especializada en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade coa realización dun máster na mesma institución. A súa investigación céntrase na sociedade altomedieval dende unha perspectiva de xénero, tanto no ámbito funerario como no estudo da materialidade arqueolóxica. Actualmente está a realizar o doutoramento, que compaxina co traballo en arqueoloxía profesional. No proxecto Coidarq, Carla colabora no análise de estudos cerámicos altomedievais, así como en tarefas de traballo de campo e na elaboración de publicacións científicas.

José María Moreno Narganes, Investigador postdoutoral – Doctor en Arqueología, Universidad de Alicante

Licenciado en Historia, con Máster Internacional en Arqueoloxía Medieval pola Université Lumière Lyon 2 e Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Alicante. Dirixe proxectos de escavación como a Alquería de la Graja, a Alquería de Puça, a Torre de Haches e o Castillo de Hellín, e participa en equipos de investigación nacionais sobre al-Andalus, traballando en xacementos como Madinat Albalat, Mojácar La Vieja, a Alcazaba de Almería ou a Torre d’en Galmés. A súa investigación céntrase nun enfoque materialista e feminista do estudo de al-Andalus, analizando a produción textil doméstica, a división sexual e social do traballo, e o papel das clases traballadoras. Tamén investiga o campesinado andalusí, con especial atención ás redes de mercado locais e rexionais. No proxecto Coidarq, colabora no desenvolvemento da transferencia e a través da elaboración de publicacións científicas e organizacións de congresos.

Carlos Vázquez Calatayud, Arqueólogo pola Universidade de Santiago de Compostela

Graduado en Arqueoloxía pola Universidade de Granada (UGR), especializouse en arqueoloxía de Al-Andalus e no tratamento de pezas cerámicas. Posteriormente, cursou o Mestrado en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade na Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde se aproximou á arqueoloxía agraria e á arqueoloxía da paisaxe. Na actualidade, dedícase á arqueoloxía profesional, desenvolvendo o seu traballo no territorio galego, con experiencia en escavacións, análise material e estudo do patrimonio arqueolóxico en contextos rurais e históricos diversos. No proxecto Coidarq, Carlos colabora no análise de estudos cerámicos altomedievais, así como en tarefas de traballo de campo e na elaboración de publicacións científicas.

Carlos Tejerizo García, Investigador Ramón y Cajal na Universidade de Salamanca.

Licenciado en Historia pola Universidade de Salamanca, en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Nacional de Educación a Distancia e doutor en Historia Medieval pola Universidade do País Vasco. Actualmente é contratado Ramón y Cajal na Universidade de Salamanca e investigador principal do proxecto “As paisaxes produtivas preindustriais e o seu impacto medioambiental: unha análise comparada entre as serras de Guadarrama e Monfragüe” (Ref. 3202/2024), financiado polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais e cunha duración de tres anos (2024-2027). Igualmente, é membro da Asociación Científica Sputnik Labrego. As súas principais liñas de investigación son a arqueoloxía das sociedades campesiñas na longa duración histórica, a arqueoloxía contemporánea do campesiñado e a arqueoloxía dos espazos comunais en época medieval e postmedieval. As súas últimas publicacións inclúen o libro Cine y Arqueología. La Arqueología en la gran pantalla (Almuzara, 2023) e Ciudad de la Selva. Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio (Edicións Positivas, 2024). No proxecto Coidarq, colabora no desenvolvemento da transferencia de coñecemento a través da elaboración de publicacións científicas e da organización de congresos, así como na coordinación de traballos de campo como director de diversas campañas de escavación, entre as que destacan as intervencións en O Castelo (Vilamartín) e Penedo Xudeo (Casaio).