No marco do proxecto de investigación, levaranse a cabo dúas estadías que permitirán seguir aprendendo e aplicando metodoloxías avanzadas en arqueoloxía de paisaxes, análise espacial e xestión do patrimonio cultural. Estas estadías desenvolveranse en colaboración con institucións de prestixio internacional, como o Instituto Ausonius da Université de Bordeaux-Montaigne e o Laboratório de Paisagens, Património e Território da Universidade do Minho, fortalecendo así a interdisciplinariedade e o alcance do proxecto.

Nos seguintes enlaces poderás coñecer en detalle o que levaremos a cabo en cada unha destas universidades: