Blog

📢 Nova publicación do monográfico Arqueoloxía de Xénero en Galicia de Celtia Rodríguez González

Arqueoloxía de Xénero en Galicia. O espazo cotián das sociedades rurais na transición á Alta Idade Media (ss. IV–VI) desde a perspectiva feminista de Celtia Rodríguez González constitúe unha das primeiras aproximacións integradas á arqueoloxía de xénero aplicada ao período tardoantigo na Península Ibérica. O monográfico, publicado na colección BAR International Series, enmárcase na liña … Sigue leyendo 📢 Nova publicación do monográfico Arqueoloxía de Xénero en Galicia de Celtia Rodríguez González

Nova estadía de investigación na Universidade do Minho

Despois dun intenso ano de traballo en Francia, o proxecto COIDARQ inicia unha nova etapa co comezo dunha estadía de investigación na Unidade de Arqueoloxía da Universidade do Minho (UAUM), en Braga. Esta unidade, creada en 1977 e dependente da Reitoría, forma parte do Conselho Cultural da Universidade e está especializada na investigación arqueolóxica, na … Sigue leyendo Nova estadía de investigación na Universidade do Minho

A aldea altomedieval de Combarro (San Vicente de Trigás, Mondoñedo): O xacemento, a súa investigación e resultados preliminares

Historia do xacemento Na parroquia de San Vicente de Trigás, no concello de Mondoñedo, localízase a chamada aldea de Combarro, un conxunto arqueolóxico que está a abrir novas vías de coñecemento sobre as comunidades rurais dos primeiros séculos da Alta Idade Media. Trátase dun período, entre os séculos V e VII d.C., escasamente coñecido a … Sigue leyendo A aldea altomedieval de Combarro (San Vicente de Trigás, Mondoñedo): O xacemento, a súa investigación e resultados preliminares

O Castelo de Valencia do Sil: historia, investigación arqueolóxica e comunidade

Historia do xacemento No corazón de Vilamartín de Valdeorras (Ourense), sobre un espolón rochoso que domina o val do río Sil, álzanse os restos de O Castelo de Valencia do Sil, un asentamento fortificado ocupado entre os séculos IV e VI d.C. Este lugar, que non parece ser a continuidade dun poboado anterior, foi unha … Sigue leyendo O Castelo de Valencia do Sil: historia, investigación arqueolóxica e comunidade

Xornada de Estudos Internacionais sobre A Alta Idade Media

O vindeiro 10 de abril, organizamos xunto Tiphaine Joseph Balaguer e Tom Balbin-Estanguet un evento sobre identidade e cambios na Alta Idade de Media. Aproveitando a estancia no Instituto Ausonius da Université Bordeaux-Montaigne, o centro acollerá a Xornada de Estudos Internacionais "Identités, contacts et changements à travers le haut Moyen Âge (IV-X siècle)", un evento … Sigue leyendo Xornada de Estudos Internacionais sobre A Alta Idade Media

📢 Novas publicacións en Coidarq!

Desde Coidarq, empezamos o ano con dúas novas publicacións de Celtia Rodríguez González, nas que se abordan cuestións fundamentais sobre a materialidade, o espazo doméstico e a vida cotiá en distintos contextos históricos. Estes traballos contribúen a ampliar o coñecemento sobre o papel das mulleres na antigüidade e sobre a organización dos espazos nos que … Sigue leyendo 📢 Novas publicacións en Coidarq!

As actividades de mantemento

As actividades de mantemento son aquelas tarefas que permiten a supervivencia e reprodución das comunidades, asegurando a súa cohesión social e cultural. Inclúen a alimentación, a crianza, o coidado, a organización do espazo e a produción doméstica de bens. Estas prácticas non só satisfán necesidades básicas, senón que crean e reforzan vínculos, transmiten coñecementos e … Sigue leyendo As actividades de mantemento

A Cociña como Reflexo da Sociedade

A cociña non é só un medio para alimentarse, senón unha práctica central na construción de identidade. É un espazo de creación cultural onde as receitas e utensilios reflicten historias colectivas. Ademais, os obxectos culinarios, como morteiros, vasillas ou fogóns, conéctannos coas tecnoloxías e saberes do pasado. Cada elección en a cocíña —ingredientes, técnicas e … Sigue leyendo A Cociña como Reflexo da Sociedade

A alimentación como coidado

A importancia da alimentación Alimentar é moito máis que satisfacer unha necesidade biolóxica: é unha práctica de coidado profundamente social. Desde a preparación dos alimentos ata o seu consumo, estas accións sosteñen a vida, reforzan os vínculos comunitarios e transmiten coñecementos esenciais para a supervivencia e a cohesión social. Desde Coidarq estudamos os diferentes tipos … Sigue leyendo A alimentación como coidado